SergasApp é unha aplicación non oficial para a solicitude, consulta e cancelación de citas de atención primaria no SERGAS (Servizo Galego de Saúde) desde o móbil.

Ademais permite a xestión de varias tarxetas santiarias dentro da aplicación, de xeito que facilita a solicitude de citas para todos os membros da familia dende un mesmo terminal.

SergasApp 0.1.1 dispoñible no Android Market (Google Play) »

  • Captura da pantalla principal de SergasApp

Novas

Funcionalidades

As características soportadas por SergasApp son:

  • Solicitude de citas
  • Consulta de citas
  • Cancelación de citas
  • Xestión de varias tarxetas sanitarias
Ver capturas »

Descargar

Android: É recomendable descargar a aplicación desde o Android Market (Google Play).

SergasApp está dispoñible para as seguintes plataformas:

Advertencia: Polo momento a aplicación só foi probada en Android e BlackBerry.

Os diferentes ficheiros para cada plataforma foron xerados mediante o servizo PhoneGap Build.

Software Libre

SergasApp é software libre e está publicada baixo a licenza GPLv3.

Podes descargar o código fonte da versión actual nas seguintes ligazóns:

Os últimos cambios no código fonte están dispoñibles no repositorio Git no seguinte enderezo http://github.com/mrego/sergasapp.